QUE É STEMlab?

Nos últimos anos, os centros galegos comezaron a empregar novas metodoloxías para dar resposta aos retos actuais, pero sobre todo futuros, da sociedade. A revolución STEM nas aulas -nas súas siglas en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas)- é unha realidade. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a Estratexia galega para a educación dixital Edudixital 2020 para impulsar os coñecementos científico-tecnolóxicos, sobre todo entre as nenas, cun obxectivo claro: que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21. Nos dous últimos cursos, xa se distribuíron kits de Robótica, Programación e 3D en institutos e colexios, puxéronse en marcha materias de libre configuración autonómica vinculadas con este eido e, tamén, clubs de ciencia, así como o primeiro campamento STEM. No horizonte inmediato: Espazos Maker, Stemweek ou o Bacharelato de Excelencia en ciencias e tecnoloxía.

Todos os centros galegos activos na filosofía STEM son o noso carburante. E teñen algo que contarnos. A gran feira STEMlab Galicia, que se celebrará o vindeiro 20 de abril no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, reunirá 19 desas experiencias, así como obradoiros e espazos maker para familias e conferencias de persoeiros de prestixio. O sábado 21 a xornada estará centrada en formación específica para o profesorado. Con STEMlab, Galicia demostra que é referente en España neste eido. #eusonSTEM  ​

CIENCIAS
TECNOLOXÍA
ENXEÑARÍA
MATEMÁTICAS

STEM no sistema educativo

Galicia toma a dianteira e pon en marcha a estratexia STEM máis ambiciosa de todo o Estado

PROGRAMA DE ACTIVIDADES STEMlab

10:30 - 14:00

VISITA PROGRAMADA

Visita aos stands de exhibición dos proxectos de centros educativos galegos e aos Espazos Maker.

Os centros seleccionados dispoñen dunha hora de visita ao evento (deben determinar no formulario o tramo horario que mellor lle conveña)

16:00 - 18:00

VISITA LIBRE

Visita aos stands de exhibición dos proxectos de centros educativos galegos e aos Espazos Maker.

Non é preciso cubrir o formulario. O espazo estará aberto para todos os que queiran visitar o evento.

18:00 - 20:00

CONFERENCIAS

Asistencia libre ás conferencias dos persoeiros invitados: Ángel Carracedo, África González e máis por confirmar.

LOCALIZACIÓN DO EVENTO

QUERES ASISTIR AO EVENTO CO TEU ALUMNADO?

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

stemlab@edu.xunta.es

Para asistir á Feira STEMlab Galicia é preciso cubrir este formulario. Aspectos importantes:

  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asume o gasto do transporte para os centros públicos (máximo un autobús por centro educativo)
  • O evento está pensado para alumnado desde 5º de Primaria ata 2º de Bacharelato
  • Os centros seleccionados recibirán un correo electrónico co pase acreditativo que deben presentar na entrada
Exemplo: 25 alumnos de 5º de Primaria e 15 de 6º de Primaria: Total: 40 alumnos
A asistencia pola tarde é de entrada libre. Non é preciso reservar

PERSOEIROS INVITADOS

 

STEMlab comeza en

2018/04/20 10:30:00