África González

África González

 

Doutora en Medicina e Ciruxía, é catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, onde lidera un grupo de investigación de Inmunoloxía. É presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. É un referente a nivel nacional e internacional en Inmunoloxía básica e aplicada; o seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en Nanomedicina e estudo da toxicidade de nanomateriais. Traballou co Dr. César Milstein (premio Nobel pola tecnoloxía dos anticorpos monoclonales) en Cambridge. Desenvolve unha intensa actividade científica e ten un compromiso coa divulgación, sendo convidada a distintos foros. Recentemente foi nomeada a muller innovadora a nivel europeo por promover a empresa NanoImmunoTech.

 

VOLTAR Á PÁXINA PRINCIPAL