Ángel Carracedo

Ángel Carracedo

 

Licenciado e doutor en Medicina e catedrático de Medicina Legal pola Universidade de Santiago de Compostela, onde creou o grupo de investigación de Medicina Xenómica. Este equipo de traballo converteuse en líder mundial en xenética forense e constitúe unha referencia en xenómica comparada e de poboacións, polo que entidades de todo o mundo requiren a súa intervención para investigacións nos que sexan necesarias a identificación de vítimas.
Ademais de polo seu percorrido profesional e moitos e variados recoñecementos a nivel nacional e internacional, destaca pola súa visión humanizada da ciencia e o seu compromiso pola divulgación científica.

 

VOLTAR Á PÁXINA PRINCIPAL